Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Bela Fisterra recibe outro certificado Galicia Calidade

Galicia Calidade Bela Fistera
Pepe Formoso recibindo o selo
O Bela Fisterra recibe outro certificado Galicia Calidade

Visita institucional esta mañá no Hotel Bela Fisterra, para a entrega do distintivo de Galicia Calidade. O O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, facían entrega do certificado de uso da marca ao xerente do Hotel, Pepe Formoso.

O selo, que acredita a calidade dos servizos do complexo turístico, permitirá á empresa incluír o distintivo nas súas instalacións, así como nas diferentes accións de comunicación e promoción. Trátase dun “hotel literario”, o primeiro destas características en Galicia. O establecemento, situado no corazón da praia Langosteira e en pleno Camiño de Santiago, ten a singularidade de inspirar toda a súa identidade na literatura universal do mar.

Ademais dos contidos o hotel xa estaba en posesión do selo Galicia Calidade polas súas instalacións de xeotermia, unha certificación xa entregada o pasado mes de outubro, e que agora se fai extensiva a todos os servizos do establecemento.

Ana Méndez destacou a aposta pola calidade deste hotel e puxo en valor a particularidade que supón na oferta turística de Galicia pola súa identidade vinculada á literatura e ao mar, “como claro expoñente do talento e da creatividade do empresariado galego e, en particular, desta iniciativa que harmoniza de forma tan natural arquitectura, paisaxe, mar e literatura”.

Coa incorporación do Bela Fisterra xa son 12 os hoteis que contan co selo de Galicia Calidade.

Novas relacionadas

Comentarios