Venres. 18.06.2021
El tiempo

O Bela Fisterra participou no acto expansivo por Lois Pereiro

Acto expansivo poetico no Bela Fisterra
O Bela Fisterra participou no acto expansivo por Lois Pereiro

Cando os artistas recoñecen o labor do primeiro hotel literario de Galicia, e son eles os que o chaman para artellar un evento, é cando se demostra que o Bela Fisterra está convertíndose nun gran aglutinador do movemento poético da zona sur da Costa da Morte.

Este pasado sábado 5 de xuño, Rafa Vilar e Chisco Fernández Naval coordinaron con Pepe Formoso a participación costeira no acto expansivo que o Ateneo Casino de Monforte desenvolveu por toda Galicia e parte do estado, para conmemorar o 25 cabodano de Lois Pereiro.

Participaron (como están na foto de esquerda a dereita) Xosé Iglesias, Chisco Fernández Naval, Alexandre Nerium, Rafa Vilar, Rocío Blanco, Ainhoa Conde, Xaime Trillo e Estebo Creus, e aquí podedes ver o resultado.

NOVAS RELACIONADAS

ARTIGOS RELACIONADOS

comentarios