Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O blues volve invadir a fin da terra con 4 escenarios

Festival Fisterra Blues Experience 2022
O blues volve invadir a fin da terra con 4 escenarios

Tras dous anos de pandemia, volve o blues á fin da terra. O venres 10, sábado 11 e domingo 12 de xuño, a vila do Cristo engalanarase de música atlántica. Coñecerémolo polo miúdo este venres terá a presentación oficial, pero xa podemos avanzar que haberá varios escenarios. O campo de Ara Solis, a praza do Río, o Semáforo e o mar, onde se desenvolverá o tradicional e máis representativo concerto do "Blues a bordo”.

Bandas Festival Blus Experience 2022

O FiBE22 arrincará o venres en Ara Solis, cun cartel espectacular. Unha das voces máis importantes da mñúsica galega contemporánea como Guadi Galego, a poderosa voz do brillante guitarrista compostelán Adrián Costa Blues; e J. P. Bimeni, artista de Burundi, xunto cos The Black Belts, banda de 6 reputados músicos da escena madrileña, porán a música polos aires.

O sábado xa haberá sesión vermú Escenario Fisterra, na Praza do Río, a 100 metros da praia da Ribeira, cun concerto para toda a familia cos Little Neno descubrindo os temas máis clásicos dos Stones. Unha sesión que se completará con Mad Martin Trio.
O “Blues a Bordo” será este ano coa House Band feat. Degüello.

Xa a partir das 19:30h, a música volve ao Ara Solis, coas harmonías cálidas e guitarra colorida de De Vacas. As voces de Inés Salvado, Faia Díaz e Paula Romero, xunto á guitarra de Guillerme Fernández, únense para dar vida ás súas particulares versións de grandes temas “venerados polas masas e maltratados pola historia”, como os hits "Amodiño" ou "Rexurdimente".
Tamén estará o precursor da guitarra Rockabilly & Country no mundo, Al Dual, un dos artistas españois con maior recoñecemento na escena internacional do Rock n ́ Roll clásico.
E como non, os Ilegales, un dos grupos máis emblemáticos do rock español, que coincidindo co 40 aniversario da banda, recalan en Fisterra dentro da xira “La lucha por la vida”, o seu novo disco de estudio.

O Fisterrra Blues Experience forma parte dos Concertos do Xacobeo. Ademais da Xunta de Galicia, conta co patrocinio da Deputación da Coruña, o Concello de Fisterra e Estrella Galicia e a colaboración do Semáforo de Fisterra e Cruceros Fisterra. A produción corre a cargo de Nordesía producións e A Reixa producións.

Xa podes mercar os teus abonos en enterticket.

Comentarios