Case 1.000 maiores prepáranse para a súa Festa en Fisterra


A cifra dá conta do envellecemento que sofre a nosa bisbarra. I é que xa xa son preto de 800 persoas as que disfrutarán dun día cargado de festa. Trátase da VII Xuntanza dos maiores, que se celebrará este domingo 8 de maio, a 15 días das eleccións, e á que están invitados todos os veciños maiores de 55 anos e xubilados.
A partir das 11 da mañá o servizo de bus percorrerá todas as aldeas para recoller aos veciños e trasladalos a Igrexa parroquial Virxe das Areas, onde se celebrará ás 12 da mañá unha misa cantadas para todos eles.
A partir das 13:00 horas degustarán, no pavillón municiapal, do prato xa tradicional, coma é melón con xamón, pulpo, carne o caldeiro, tarta Fiorentina, pedras de Santiago, viños, refrescos, augas e café.
Sortearénse preto de 20 agasallos entre todos os asistentes e faráse entrega de dous agasallos especiais aos xubilados de maior idade.
O acto estará acompañado coa Banda de gaitas O Rumbo de Sardiñeiro e polo grupo musical Eva e Camilo... A festa rematará ás 7 da tarde, hora na que os autobuses trasladarás aos asistentes aos seus fogares.
Novas relacionadas
- En Fisterra os maiores falan de saúde e os pequenos disfrutan dos contos.
- 23 maiores de Fisterra enchufáronse á vida.
Fonte
- Concello de Fisterra.