mércores. 30.04.2025
El tiempo

Chamamento para a limpeza deste domingo na praia Langosteira

Imaxe doutra limpeza no areal de Fisterra
Imaxe doutra limpeza no areal de Fisterra
Chamamento para a limpeza deste domingo na praia Langosteira

Volve a Fisterra Mar de Fábula despois do éxito da limpeza no Rostro. E faino desta volta no marco do proxecto Temporada de Mar, desenvolto por APTCM coas axudas do GALP.

A Cita para este domingo, esperando que pase o temporal, será ás 10:30h na praia da Langosteira. Trátase dun areal moi longo, case 2km, polo que cantxs máis sexan, máis repercutirá na súa descontaminación. O punto de encontro será aparcamento xunto ao bar O Trebón.

Dende a asociación, levarán todo o material necesario para acometer está acción. Unicamente, a efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, no info@mardefabula.gal ou no 608609042.

Limpeza Mar de Fabula Temporada de Mar Fisterra

Máis novas

 

Comentarios