Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Da necesidade dun relevo nas Directivas dos equipos do Fútbol da Costa

Da necesidade dun relevo nas Directivas dos equipos do Fútbol da Costa
Marco Pose busca relevo na directiva do Malpica

Temos contabilizadas, e seguro que algunha se nos escapa, 9 directivas con gañas de renovación, nos 35 equipos do Fútbol da Costa. Un síntoma que demostra o que cansa estar nos despachos organizando un club modesto, o mérito que ten estar aí arriba coa responsabilidade de un cento de persoas dependendo da túa xestión. Por iso queremos enviar os nosos parabéns a todos os que gastades o voso tempo libre en coidar un club de fútbol modesto. Gracias e parabéns!

Moitos recambios

Por agora, parece que a situación máis grave é a do Malpica. A día de hoxe, non hai nova directiva, e dada a dimisión da actual, dirixida por Marco Pose, poderíase dar de baixa este vindeiro día 30 de xuño se non aparece ninguén que tome o mando. Despois dunha convulsa tempada, por Malpica necesitan aires novos e esperemos que os socios dean un paso adiante para salvalo equipo.

Semellante situación a que acontece por Muros, onde tanto o Volantes como Os Miúdos piden axuda. Félix, presidente do Volantes, presentou a súa dimisión, pero o cadro laranxa parece que ten o futuro asegurado. Bernardino, que xa fora directivo, asume o cargo de Presidente da entidade, unha vez que xa está xubilado da dura vida do mar. Quédalle agora aguantar ás revoltas augas do Fútbol da Costa.
Na base, Vinto pide auxilio á fronte dos Miúdos, xa que para coidar a tanta rapazada é moi complicado. Veremos se este verán aparece axuda para formar unha nova directiva.
E aínda non podemos marchar do concello muradán. Por Esteiro parece que tamén hai renovación, e xa hai unha directiva disposta a tomar o mando do club na súa volta á Liga da Costa, pero aínda non se fixo oficial.

Pola Ponte do Porto tamén houbo asembleas estas semanas. Ordóñez decidía deixar o mando da presidencia e dedicarse ao que descubríu este curso que é o que máis lle gusta: adestrar. Fixo unha grandísima campaña cos xuvenís do Porteño e espera que lle cheguen ofertas dalgún lado. Mentres, hai un grupo de persoas que xa están decididas a tomar o mando do club, pero están aínda debatindo quen asume o mando da presidencia.

Onde si hai cambio e confirmado é en Camelle. A SD ten nova presidenta, Ana Pérez, que se apoiará nunha nova directiva, e en Gonzalo Lemos, o único que quedará desta etapa.

Seguimos o camiño por Fisterra, onde Laureano Canosa deixa o seu paso a un novo equipo comandado, en principio, por Desiderio Nemiña.

En Carnota terán unha Reunión da U.D. este venres 12 ás 20.30h no Concello para dar contas e ver se escollen unha nova directiva.

Artigos relacionados

Comentarios