De Fisterra a Pamplona espallando o saber gaiteiro
Volve un dos mellores embaixadores da cultura galega percorrendo a península dende a Costa da Morte. O gaiteiro, mestre da Escola de Música de Carnota e director dos coros en Fisterra e mais en Muros, Moncho Domínguez, volveu coller a palleta para espallar a cultura galega por Navarra, como xa fixera nos últimos anos por Euskadi e La Rioja.
Estes días están en Pamplona, na Lar Gallego de Pamplona, impartindo clases, a través da Xunta, de gaita e de afinación. Ten un nutrido grupo de estudiantes, moitos fillos de emigrantes galegos tanto navarricos como cántabros. Ademais pasou de visita pola Centro Asturiano na capital navarra.
Aló estará uns 15 días, así que lle desexamos que siga levando a gaita por todo o mundo, e que as seguintes paradas sexan a outros lugares de forte emigración galega como NY, Suiza...
Sorte, Moncho de Fisterra!
Novas relacionadas
- O gaiteiro de Fisterra que leva o saber popular pola península.
- Cheo absoluto no fin de curso da Escola de Música de Carnota.
- Moncho Domínguez: “A voz que temos en Fisterra non a teñen por aí”.
- Un canto a Don Emerito.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).