Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Un Encontro Sonoro arredor da Vaca de Fisterra

A VACA DE FISTERRA-encontro sonoro
Un Encontro Sonoro arredor da Vaca de Fisterra

”É a intención é e foi sempre que a vaca volva Bruar”. Teno claro o teniente alcalde de Fisterra, Kuka Sar. De feito así está sinalado no proxecto que o Concello lle presentou a Autoridade Portuaria solicitando a cesión do edificio do Faro na súa totalidade.

E nese marco xorde este encontro que acollerá este venres 27 o Salón de Actos do Concello fisterrán. A partir das 19:30h compartirán as súas experiencias, e audios de varios sons, un grupo de persoas que traballan na paisaxe sonora, que están moi interesadas na Vaca de Fisterra.

O coordinador é Xoan Xil, membro fundador daquela marabillosa experiencia sonora de escoitar.org.

Ao seu carón estarán Amanda Traba, filla de un fareiro que traballou no faro nos anos 60, e Berio molina, artista audiovisual da Fonsagrada.

Novas relacionadas

Comentarios