Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Entroido de Verán e teatro infantil para a finde fisterrá

Entroido de Veran Fisterra 2024
Entroido de Verán e teatro infantil para a finde fisterrá

Finde chea de vida en Fisterra. O sábado celébrase o esperadísimo Entroido de Verán, unha das festas máis divertidas da comarca. Co coidado que os fisterráns teñen co Entroido, e ademais puidendo disfrazarse sen medo ao frío. A praia da Ribeira será o centro de operacións, con pasarrúas dende as 12:00h cos grupos locais, e sobre todo, festas a partir das 16:00h, con sensión infantil, concentración de disfraces, o pregón do creador local Miguel Mandayo, e gran desfile, a ritmo dos Rapacollóns, os grandes organizadores, a partir das 20:30h.
A partir de aí, festa ata a madrugada na praza da Constitución.

Teatro infantil

Este domingo 7 de xullo, a partir das 20:30h a Praza da Constitución volverá converterse en epicentro cultura acollendo a obra de teatro infantil “As minas do Rei Salomón”, de Teatro dos Gazafelhos. Unha aventura por África evocando as pelis dos anos 30 e 40…

Publico Familiar a partir de 5 anos Elenco; Montse Piñón, Jorge Casas, Pablo Sánchez e Pepablo Patinho Texto e dirección: Pepablo Patinho

Comentarios