Falece afogado outro peregrino nas augas de Mar de Fóra
09:38 27/09/19
Volveu pasar. Outro peregrino botouse ao mar da fin de terra, e perdeu. Este pasado xoves, canda o solpor, un peregrino frances de 30 anos botouse á auga na Praia de Mar de Fóra. A forza do mar levouno e cando o as persoas que o acompañaban (que deran a alerta ao perdelo de vista), o recuperaron, xa era tarde.
Baixo a noite os dispositivos de emerxencia non puideron facer nada para salvarlle a vida.
O propio teniente alcalde, Kuka Sar, explicou que o helicóptero tivo que esperar un rato sobrevoando Fisterra ata que chegase a autorización para levantar o cadáver e levalo a Coruña, porque a marea estaba subindo e non ía dar tempo a que o chegase o xuíz para o levantamento do cadáver.
Novas relacionadas
- 2017: Rescatan heroicamente un home nas augas de Mar de Fóra.
- Setembro 2016: Pendentes dunha nova posible desaparición dun peregrino coreano no Cabo Fisterra.
- 03-01-16: Continúa a búsqueda do peregrino francés desaparecido na costa fisterrá.
- 30-12-15: Desaparece outro peregrino na costa fisterrá.
- Outubro 2015: Atopado o corpo do Policía Nacional desaparecido no Cabo Fisterra.
- 2010: Apararece un cadáver en Fisterra que pode ser o do "italiano”.