Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Festa Folk na Fin do Camiño volveu ser unha Festaza

Festa Folk Fisterra 2022-A Requinta-Foto-Juan Louro
A Requinta da Laxeira montou un festón
A Festa Folk na Fin do Camiño volveu ser unha Festaza

Se ao longo deste último lustro houbo dúbidas sobre a continuidade da Festa Folk na Fin do Camiño, estas disipáronse este pasado sábado. A XX edición deste singular festival de música celta volvía montando unha auténtica festaza, “un festorro tremendo” como sinalan os asistentes. Porque cando o único obxectivo dun festival é a diversión allea, e polo tanto propia (da mesma organización), e non hai ánimo de lucro por ningún lado, todo flúe con máis naturalidade.

”Acompañaron os astros” (dise do tempo) para deixar unha tarde-noite preciosa na que a música foi a protagonista. Mogollón de xente (os de sempre e moitos de fóra) xa ateigaba a zona da Anchoa, no privilexiado espazo ás costas da praia Langosteira, ás 18:00h da tarde (non se puido face sesión vermú precisamente porque a organización non profesional tamén traballa). Numerosas familias disfrutaron dos inchables para as criaturas.

Festa Folk Fisterra 2022-Rapacollons-Foto-Juan Louro
Os Rapacollóns en acción 

Ás 20:00h comezou a quentar motores cos Rapacollóns, que fixeron unha batucada espectacular e ademais completaron a sesión cun pasarrúas polos bares da recta.

Arrincaron Requinta da Laxeira, cunha festa super animosa. Xa sabían como a gasta o público da fin da terra, pois volveron tras pasar por aquí na edición de 2011, polo que souberon tocar as teclas para facer unha boa festa, baixando mesmo a pé de pista.

Festa Folk Fisterra 2022-Requinta 2-Foto-Juan Louro
A Requinta -Foto-Juan Louro
Festa Folk Fisterra 2022-Luar na Lubre-Foto-Juan Louro
Luar na Lubre-Foto-Juan Louro

Tomou o relevo, máis en clave tradicional e relaxado, a eterna banda de Luar na Lubre. Fixeron un concerto de menos ritmo pero gran calidade, apurando o seu último disco xacobeo. Mención especial a Irma Macías, que o deu todo (“está claro que é da Costa da Morte”, recoñecía no público) e fixo por rematar o concerto, acompañada de Bieito ao acordeón, co mítico tema “Fisterra”, poñendo os pelos de punta.

Festa Folk Fisterra 2022-Adhara-Foto-Juan Louro
Adhara & Ritmanv foi un ciclón-Foto-Juan Louro

E faltaba a “cicloxénse explosiva”, como definíu a organización á brava de Adhara Caamaño. A Cuncheira de Sofán, coa súa banda Adhara & Ritman, puxo clñimax da festa coa súa enerxía e a súa garra imparable. Sorprendiu aos que non a coñecían e fixo “vibrar”, literalmente, a todos os asistentes, “conectou a tope” coa súa fusión de swing, rock, folk…

Ainda houbo tempo para que os da Requinta recuperasen os instrumentos e armasen lío ata pasadas as 3:00h para deleite dos máis liantes, completando unha sesión cun ambiente sanísimo..

Festa Folk Fisterra 2022-Publico-Foto-Juan Louro
Ambiente sanísimo no festival-Foto-Juan Louro

A organización amosa a súa fantástica satisfacción e agradecen a colaboración do Concello de Fisterra, porque gracias a el se puido traer a Luar na Lubre.
Ademais valora moi ben a resposta da xente, gastando ben na cantina (a única fonte de ingresos do festival, evitando o botellón a toda a costa) e deixando todo perfectamente limpo, gracias a un vaso ecolóxico que está completamente asentado na nosa sociedade. Unha sociedade que ademais quedou encantada coa proposta gastronómica deste curso: bocatas de nocilla a 2 euros!

Festa Folk Fisterra 2022-Vaso ecoloxico-Foto-Juan Louro

Comentarios