Venres. 26.04.2024
El tiempo

Finde de cine de verán e festa da praia por Fisterra

Festa da Praia Langosteira Fisterra 2022
Finde de cine de verán e festa da praia por Fisterra

Doble cita esta fin de semana na vila do Cristo. O venres 29 de xullo continúa o Ciclo de Cine de Verán e contarán s coa proxección de “Semente de berrar: 40 anos de ruído e rúa”. Un documental que pretende reflectir, en notas máis ou menos afinadas, parte da contracultura en Galiza dos últimos corenta anos. Unha contracultura ligada ao ruído ou á melodía, á represión ou ao enfrontamento, ao amor ou ao odio.
A cita será 21:00 h no salón de actos do Concello de Fisterra.

E xa o sábado, gran Festa da Praia na Langosteira. AA partir das 12:00h, concertazo da Gramola Gominola unha das bandas de música infantil máis divertidades do país, chea de R&R e música moderna contemporánea, en galego.
A organización invita ás familias a comer na praia, para pasar un día en compañía e convertir a festa nunha romaría como antano.

A partir das 16:00h haberá xogos tradicionais e inchables para a cativada, e un campionato de volei praia para os maiores, estreando ademais o divertido xogo do spikeball.

E xa pola noitiña, a patir das 20:30h, batucada cos Rapacollóns, disco móbil, e a partir das 2:30h da madrugada, DJ Pana volve con forza.

Comentarios