Fisterra acolle un concerto sensorial para bebés
07:56 03/10/23
Cristina Collazo actuará este domingo 8 de outubro ás 18:00h no Salón de Plenos do Concello nun concerto formulado para bebés de 0 a 3 anos.
Son do Berceé un espectáculo sensorial e musical dirixido á primeira infancia, que é unha viaxe que convida á cativada a adestrarse na aventura teatral a descubrir e a deixarse levar. As músicas orixinais son do compositor Manuel Paino e están interpretadas en directo na propia escena.