Fisterra acollerá o VII Campionato Internacional de Futbolín Alexandre de Fisterra
22:57 30/08/23
No marco das Festas Pastronais e do Carme de Fisterra, o venres 8 de setembro haberá unha cita singular na rúa Real. A partir das 18:00h desenvolveráse o VII Campionato Internacional de Futbolín “Na fin do Mundo” “Alexandre de Fisterra”.
Un campionato que cos anos, se se mantén o compromiso municipal (por agora apenas hai 450€ en premios), poderá convertirse nun dos máis importantes do país, ao falarmos da vila na que naceu o inventor dun dos xogos máis famosos do planeta.