Fisterra, novo destino da exposición itinerante dos Murais de azulexo de Lar

Murais de Azulexo de Lar en Fisterra

A praza da Ribeira de Fisterra convírtese nun museo a certo aberto como novo destino dunha das exposicións itinerantes do Concurso de Murais de Azulexo de Lar, enmarcado na obra social da empresa ceense. O certame, que xa ten cita para a entrega de premios desta edición adicada á muller nos tempos da emigración, expón a serie de murais de deportes acuáticos.

Unha mostra que destaca a riqueza do noso bravo mar e das nosas rías, cunha colección feita polo alumnado de centros de ensino da Costa da Morte e a Barbanza así como persoas con diversidade funcional.

Máis novas desta edición

HISTÓRICO DO CONCURSO DE MURAIS