O Concurso de Murais de Lar arrincou mergullando ao alumnado nos oficios do século pasado

Malia que xa leva moitos meses xestándose nas instalacións ceenses, onte arrincou oficialmente o Concurso de Murais de Azulexo de Suministros Lar. Esta fermosa iniciativa tranversal en clave de Responsabilidade Social Corporativa trata de fomentar a investigación e os valores da tradición e da nosa historia á rapazada de toda a provincia. Un proxecto que engloba moito máis que facer un mural de azulexo, e que permite que o alumnado se sumerxa na nosa historia, investigue, averigue, profundice…
Para darlle o primeiro contexto a esta edición que ten como fío condutor ”O traballo da muller na época da emigración”. E, a entidade preparou unha presentación na Casa da Cultura de Corcubión este xoves. Os encargados de trasladalle á rapazada como eran aqueles tempos, participaron unha histórica artesá da nosa comarca, Carmen Riveiro, presidenta da Asociación do Liño, artesá, o poeta fisterrán Modesto Fraga, e mais Lucita Figueiroa, mítica palilleira costeira.
”Foi unha sesión moi interesante”, relata Tatiana Rodríguez. “É difícil atopar personalidades con tanto coñecemento e que lles sexa tan sinxelo transmitir a xente nova, pero nós temos na comarca xentes como estas”, valora e agradece.
Así finaliza pois a primeira parte do proxecto, e agora continúa levando as bases dos murais e todo o materia a cada centro educativo para que vaian afondando no proceso creativo.

HISTÓRICO DO CONCURSO DE MURAIS
- 2024: O Concurso de Murais de Lar afondará sobre os oficios da mulleres nos tempos da emigración.
- Setembro 23: “O Concurso de Murais de azulexos é coma un iceberg, é máis o que non se ve que o que se ve”.
- Xuño 23: Os faros da Costa da Morte iluminan a Mariña Lucense.
- Abril 23: Os murais sobre os naufraxios de Lar xa están expostos en Camelle, o mellor dos escenarios.
- Xaneiro 23: Os murais de Azulexo de Lar exportan a riqueza marítima da Costa da Morte á Coruña.
- Outubro 22: Murais en verso convirten o Faro Fisterra nun museo a ceo aberto.
- Agosto 22: Os Murais de Lar espallan o patrimonio subacuático da Costa da Morte por Sanxenxo.
- Concurso 2022: Un recoñecemento aos padriños do Concurso de Murais de Lar.
- Xuño 22: APEM leva o primeiro premio do Certame de Murais de Azulexo de Lar.
- Maio 22: Os centros de ensino mergúllanse no patrimonio subacuático gracias ao transversal Concurso de Murais de Azulexo.
- 2019: Por 1 millón de likes para a Costa da Morte
- 2019: Os murais de Azulexo da Costa da Morte renovan o museo urbano de Sanxenxo.
- 2018: Paz Lago: "Os murais de azulexo dos faros da Costa da Morte son perfectos para que os turistas inmortalicen Sanxenxo”.
- Agosto 18: Os faros de azulexo que ensinan a Costa da Morte a milleiros de turistas en Sanxenxo.
- 2016: Un mar de deportes acuáticos en clave de azulexo.
- 2014: Os Murais de Azulexo comezan a tomar forma nos centros de ensino.