Venres. 17.05.2024
El tiempo

Fisterra prepara un maratón e un campus de tecnificación

Fisterra prepara un maratón e un campus de tecnificación
Dajosto Eventos Deportivos organiza Campus de Futbol en Fisterra

Novas propostas deportivas en Fisterra, organizadas ademais pola nova empresa de eventos deportivos D’Ajosto, dirixida por Diego Lobelos, adestrador fisterrán que leva moitos anos á fronte da familia base do Dumbría.

Así, teremos un Maratón de Fútbol Sala que vai ter lugar os días 11, 12 e 13 de xullo, con grandes premios.

Pero a gran aposta é o I Campus de Fútbol en Fisterra, para poder canalizar todo ese talento que hai debaixo das pedras da vila do Cristo. Durante este verán, e dende o 6 de xullo, arrinca o primeiro bloque en Ara Solis, con sesións de técnica individual, para nenos ata 18 anos. O Segundo bloque será de técnica colectiva, pensando xa no equipo.

Haberá grupos por idade, e varios turnos a partir das 10:00h con bos monitores, sendo de luns a vernres e con 10 días de adestramento cada bloque. Os prezos, entre os 40€ un bloque e os 70 os dous.

Xa poden apuntarse en www.dajosto.com.

Maraton Futbol Sala Fisterra 2015

Fonte

Comentarios