Fisterra suspende o seu mítico Entroido
Como aconteceu a mediados do marzo do ano pasado, pouco a pouco iremos coñecendo a cancelación dos eventos máis singulares da nosa comarca. Xa vimos que a Mostra de Encaixe adía a súa 30 edición para outubro. Por Fisterra a Concellería de Cultura do Concello de Fisterra vén de anunciar “a suspensión de todas as actividades do Entroido debido á situación sanitaria na que nos atopamos. A evolución da Covid-19 obríganos a anunciar o inevitable, a cancelación da programación oficial do Entroido 2021”.
”Trátase dunha decisión tomada con responsabilidade institucional e informamos que xa se traballa nun programa de actos alternativos co que lembrar a memoria histórica do Entroido fisterrán”, explican. “Porén, non haberá, en ningún caso, actos multitudinarios coa fin de evitar as aglomeracións en instalacións e nas rúas”.
Un bo momento para repasar as crónicas que QPC leva facendo nos últimos 10 anos.
Novas do Entroido Fisterrán
- Entroido Fisterra 2020: Eló non vale un mundo o Entroido de Fisterra?!.
- Entroido Fisterra 2019: O Entroido de Fisterra, entre a tradición, a innovación e a retranca.
- Entroido Fisterra 2018: O Entroido de Fisterra, máis sagrado que a Resurrección.
- Entroido Fisterra 2017: As comparsas agudizan a crítica en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2016: O gran Entroido “peatonal” de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2015: A retranca, polas veas de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2014: A copla ten canteira no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2013: A copla sobrevive no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2012: Un impresionante entroido ácedo e indignado en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2011: “Un Entroido que vale un Imperio”.