Venres. 29.03.2024
El tiempo

Interesante charla sobre as compras por internet na aula CeMIt de Fisterra

Interesante charla sobre as compras por internet na aula CeMIt de Fisterra
charla consumo e-commerce2

O vindeiro 17 de SETEMBRO, terá lugar na aula CeMIT de Fisterra en horario de 12:00 a 13:00 HORAS unha interesante charla sobre Comercio electrónico e métodos de pagamento seguro O emprego xeneralizado das TIC fixo que se incrementara o denominado comercio electrónico, é dicir, a posibilidade de facer compras a través de internet, o que presenta moitas vantaxes sempre que se faga de xeito seguro. Neste charla explícaranse os pasos a seguir para facer compras en internet dun xeito seguro e, especificamente, os aspectos máis importantes para evitar fraudes: identificacións de páxinas seguras, dos distintos medios de pago, posibilidade de abandonar a compra, etc. Así mesmo, analizaranse os dereitos específicos das persoas consumidoras no caso das compras a distancia. As persoas interesadas na actividade, poden acudir de balde á aula.

Comentarios