Lema Suárez levou ao alumnado do IES Fin do Camiño pola Costa do Solpor
Segue levando a súa novela o escritor baiés Xosé Mª Lema a súa novela "Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro" por toda a bisbarra. Este pasado luns recalou no IES Fin do Camiño de Fisterra, onde tivo un encontro cos alumnos e alumnas lectores de 3º e 4º ESO convidado pola profesora do centro Cristina López Sanmartín. Xa estivera na vila do Cristo a pasada fin de semana, levando a novela á Biblioteca do Albergue Bela Fisterra e volveu para trasladar á rapazada a esta a súa propia historia.
A charla contou coa proxección de imaxes dos escenarios naturais da novela, maiormente da costa de Fisterra -onde comeza a aventura-, pasando pola praia da Langosteira, o monte do Facho e "os peitos espidos de muller enfesta" (en palabras do poeta Alexandre Nerium), o castelo de San Carlos, o percorrido da Hispaniola virando a estribor pola punta do cabo, o illote do Santolo e os cantís da parte oeste do cabo… Tamén tocou pasar por Muxía e Camariñas.
Lembraron tamén a conversa que mantivo o Sr. Trelawney, almirante da goleta inglesa, co sarxento do castelo, o Atrevido de Fisterra ou Muito Home, e do estraño nome de "Estrela Escura" que aínda daquela algúns lles daban á vila da fin do mundo.
Ao final os alumnos e alumnas fixeron preguntas moi interesantes (sobre os personaxes reais e imaxinarios da narración, se o náufrago inglés que falaba coas pedras e co vento estaba inspirado en Man de Camelle etc.). Tamén lles interesou que os personaxes da zona falasen con xiros propios da fala Fisterrá Norte (formas verbais coma "andén", "mirén", "von", "estón"), así como a rica fraseoloxía da novela (frases feitas coma "Non hai mal que non haxa ben", "en todas partes hai cans descalzos etc.). Tamén tamén a atención a cinonimia (nomes dos cans).
Unha hora que seica soubo a pouco ("Mágoa dunha horiña máis", comentáballe ó final un dos rapaces á súa profesora).
Novas da novela Costa do Solpor
- A Costa do Solpor viaxa á habitación da Illa do Tesouro.
- Lema Suárez levou a súa Costa do Solpor a un colexio da Coruña.
- Actualizan na rede a Ruta Marítima da "Costa do Solpor" de Lema Suárez.
- “A onomástica da novela Costa do Solpor”, nas Actas do Simposio Estudos de Onomástica Galega II.
NOVAS SOBRE LEMA SUÁREZ
- Lema Suárez, Premio Sanmartiño por toda unha vida adicada á Normalización.
- Lema Suárez, Premio da Crítica de Creación Literaria.
- Cheo para descubrir a Ruta Costa do Solpor.
- A Costa do Solpor de Lema Suárez lidera o top-10 das obras narrativas galegas do 2013.
- Xosé María Lema trouxos os piratas de volta a casa.
- Lema Suárez estréase coa súa primeira novela de piratas “Costa do Solpor”.
ARTIGOS DE LEMA SUÁREZ EN QPC
- As outras coincidencias con Sicixia: Da lenda da Buserana á da Serea dos Mariño:
- A longa e teimosa loita polo Conxunto Etnográfico do Mosquetín.
- Case dúas décadas do recoñecemento oficial da Terra de Soneira no Mapa Comarcal de Galicia (I).
- Case dúas décadas do recoñecemento oficial da Terra de Soneira no Mapa Comarcal de Galicia (II).
- A vergonza do abandono, entre toxos e silvas, de catorce dólmens declarados BIC pola Xunta.