![camino-santiago-fisterra-muxia]()
Unha das preguntas máis frecuentes está relacionadas co grao de dificutalde das etapas do Camiño Santiago-Fisterra-Muxía
Con pouco máis dun mes de funcionamento, a
Oficina de Información Turística sobre o Camiño Santiago-Fisterra-Muxía; ubicada na rúa das Casas Reais de Compostela, atendeu un total de 1759 usuarios turísticos solicitando información sobre esta ruta.
Australia, Alemaña, Estados Unidos, Canadá e Corea son a principais nacionalidades dos usuarios que visitaron a instalación dende o 12 de abril ata o 12 de maio. Tamén acudiron peregrinos con nacionalidade inglesa, italiana, francesa, portuguesa e española. Mais os técnicos que atenden na Oficina un auxe de outras nacionalidades como Sudáfrica, República Chega, Polonia, Rusia e Arxentina.
Entre as preguntas máis frecuentes realizadas polos visitantes están as relacionadas propiamente co camiño a Fisterra e Muxía principalmente sobre o grao de difucultade das etapas, os quilómetros das mesmas e outras cuestións relacionadas co aloxamento.
Fóra das preguntas relacionadas con esta ruta, os usuarios tamén se interesaron por saber a ubicación exacta da catedral de Santiago de Compostela, onde se recibe o certificado oficial, información sobre os horarios de autobuses á Costa da Morte e que ver en Compostela.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/abre-en-compostela-a-oficina-de-informacion-turistica-sobre-o-camino-santiago-fisterra-muxia/