Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Máis recortes no ensino: Desmantelados 13 departamentos de orientación nos centros da Costa

Máis recortes no ensino: Desmantelados 13 departamentos de orientación nos centros da Costa

Continúa a política de recortes da Xunta en materia de educación, sanidade e servizos sociais. Desta volta, ata 53 vacantes dos departamentos de orientación de centros de ensino de todo o país non serán repostas, eliminando 53 prazas necesarias e outros tantos postos de traballo.

Por todo isto, a CIG-Ensino esixiu por escrito que "a Consellaría de Educación realice unha corrección de erros que inclúa todas as vacantes presentadas nas Xefaturas territoriais, vacantes que son reais e que foron informadas favorabelmente pola inspección".

Na Costa, tamén afectou esta medida. Esta é a relación de vacantes de Orientación propostas polas Delegacións que non figuran no Anexo II (prazas que se cubrirán no concurso de orientación) nin no anexo III (resultas que se poidan producir) na Costa da Morte:

  • Camariñas 15002086 CEIP de Ponte do Porto.
  • Camariñas 15002050 CEIP O Areal.
  • Carballo 15024896 CEIP de Nétoma-Razo.
  • Carballo 15027393 CEIP Xesús San Luís Romero.
  • Carballo 15032251 CRA Ponte da Pedra.
  • Carnota 15002761 CEIP de Carnota.
  • Fisterra 15007242 CEIP Mar de Fóra.
  • Malpica de Bergantiños CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
  • Malpica de Bergantiños CEIP Milladoiro.
  • Muros 15024951 CEIP de Louro.
  • Muros 15009810 CEIP Ricardo Tobío.
  • Muxía 15024239 CEIP dos Muíños.
  • Vimianzo 15026789 CEIP Baíñas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios