Manuel Gago fará o Camiño ata Fisterra con Plácido Castro

10:42 13/07/21
Este sábado 17 de xullo, o Salón de Plenos do Concello de Fisterra acolle, a partir das 20:00h, a XXII Conferencia Anual Plácido Castro. A Fundación do humanista corcubionés invitou a Manuel Gago, doutor en Ciencias da Información pola USC e docente na mesma.
Gago percorrerá o Camiño de Santiago da man de Castro, partido dun artigo publicado en 1961 no que Plácido reivindica o papel de Galicia como dinamizador do Camiño.
Premio Plácido Castro de Tradución
Hai unhas semanas a entidade outorgaba o XIX premio de tradición a Laureano Araujo (Cambados), pola tradución da obra do escritor suízo Friedrich Glauser, “Schlumpf, Erwin: Homicidio”.
Mentres, xa están publicadas as bases da edición XX do Premio.
Novas relacionadas
- Xela Arias: poesía e tradución para o maio da Galería Mulleres de Muxía.
- 2019: Antía Veres recibíu o XVIII Premio Plácido Castro de Tradución en Corcubión.
- 2015: Un xaponesa e un ourensán recibiron en Corcubión o Premio Plácido Castro de Tradución.
- 2011: Fernando Moreiras emulou a Plácido Castro e levou o Premio de Tradución.