Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Sandra Varela, a representante galega da “Red Chef 2030”

Sandra Varela cocinera do CEIP Os Muinos de Muinos
Sandra Varela, a cociñeira do CEIP Os Muiños. Foto: Paula Castiñeira
Sandra Varela, a representante galega da “Red Chef 2030”

Xa estivemos varias veces con ela comprobando porque o comedor escolar do CEIP Os Muíños é un dos catro de toda Galicia que o distintivo de Km.0 polo colectivo Slow Food. Na súa cociña, a revolución é volver ao tradicional, o novedoso é recuperar o que facían os comedores a finais do século pasado, mercando produtos de temporada e da contorna, engadíndolle unha dieta máis saudable, e sobre todo, intentando facer que a comida forme parte do proceso educativo. Para iso estamos nun cole.

Parecen cousas evidentes, pero non o son tanto, e por exemplo comprobamos como costa sacar adiante iniciativas tan fermosas como o proxecto de ecocomedores escolares na comarca impulsado polo GDR.

Pero Sandra Varela non desiste, e segue sumando fitos para demostrar que unha cociña saudable nas escolas (nestas escolas do rural galego onde, por sorte, aínda temos comedor no centro, e non temos que tirar de catering como nas cidades) é posible.

Acaba de entrar na “Red Chef 2030“, un grupo de cociñeiros e cociñeiras de comedores escolares, de distintas Comunidades a nivel estatal, cun compromiso social e profesional para loitar polo cambio na alimentación.

Como compromisos fundamentais teñen a defensa da soberanía alimentaria; a aplicación da proximidade, a ecoloxía e a compra directa; velar polas condición laborales dos traballadores, en canto a ratios, instalacións, etc…; crear fichas técnicas, para aumentar o consumo de proteína vexetal e verduras de temporada; potenciar a formación para cociñeiros e cociñeiras de colectividades; promover e colaborar en programas educativos basados na agroecoloxia; promover a orixe pública dos comedores escolares; elaborar menús saúdables e sostibles… É dicir, servir comidas con valores para educar a futuras xeracións.

No seu caso, Varela leva colaborando bastante tempo coa rede, “pero paralizouse polo COVID, e neste momento retomamos este proxecto, no cal fun incluída, creo e sinto que Galicia debe de estar representada, xunto con outras comunidades que xa están como Cataluña, Aragón, Baleares, Canarias, Madrid, Navarra e Valencia”, explícanos.

Xa está inmersa nas xornadas de traballo online e presenciais que temos previstas para o día 17 de outubro e 6 de novembro en Cataluña, onde se xuntarán todos os cociñeir@s para facer distintas actividades e seguir traballando.

O ano pasado falábamos con ela:

Novas relacionadas

Comentarios