Sábado. 24.02.2024
El tiempo

Novas denuncias contra o Concello de Fisterra en materia urbanística

Novas denuncias contra o Concello de Fisterra en materia urbanística

Resucita en Fisterra o caso do derrubo da casa de Calcoba. Aló por febreiro do 2008 a familia Suárez quedaba sen vivenda tras 25 anos vivindo a pé de praia. Pero non era ese o motivo do derrubo, como podería ser comprensible ao igual que as ducias de urbanizacións que poboan a Anchoa. O feito de non respetar 3 metros coa casa veciña, tamén no medio e medio do piñeiral da Langosteira, e a denuncia da súa familia, obrigaron ao Tribunal Superior de Xustiza a ordear o seu derribo.

Estes días, o BNG quere traer de volta este asunto, tras coñecer durante pleno do pasado mércores 7 que os veciños afectados presentaron unha denuncia contra o Concello na que solicitan unha indemnizacion de 300.000 € polo derrubo da súa vivenda.

Segundo sinala o alcalde fisterrán José Manuel Traba, fora o anterior goberno tripartito (no que se atopaba o BNG) o culpable da concesión desa licenza que agora motiva a referida demanda. Pero dende o BNG denunican que a licenza orixinaria para construir a vivenda en Calcoba foi outorgada no ano 1984, sendo alcalde Valentín Castrege e gobernando o concello o Partido Popular. "É máis", denuncia o BNG, "un dos concelleiros que nese momento acudiu ao lugar para darlle a liña de edificación a esa vivenda continúa hoxe en activo no equipo de goberno do Partido Popular". Iso si, posteriormente, en 1996, segundo sinala o grupo da oposición, "coincidindo coa aprobación definitiva das Normas Urbanísticas do concello de Fisterra, o goberno tripartito tratou de solucionar os problemas que afectaban ás edificacións existentes no lugar de Calcoba, incluída a que finalmente acabou sendo demolida".

Outro caso no xulgado

Do mesmo xeito, a oposición enterouse dunha nova reclamación por responsabilidade patrimonial como consecuencia dunha licenza concedida polo goberno local a unha importante inmobiliaria para a construción dun edificio de 88 vivendas no lugar de Escaselas, e que foi anulada polo TSXG. Segundo sinalan, a posible indemnización "pode rondar os 10 ou os 12 millóns de euros.

Solicitan información

Deste xeito, o BNG fisterrán, "preocupado pola gravísima situación económica na que se atopa inmerso o noso concello debido á nefasta xestión urbanística levada a cabo polo goberno local ao longo destes anos e que derivou nos conseguintes preitos interpostos", quere saber o estado das contas e deste asunto en particular e pide información a través de dúas mocións.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Modesto Fraga, Portavoz municipal do BNG.

Comentarios