Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG afronta a súa asemblea ante a nova renuncia do seu voceiro

O BNG afronta a súa asemblea ante a nova renuncia do seu voceiro
German Martinez Traba deixa a portavocia do BNG de Fisterra

Antes foi Modesto Fraga e agora tócalle a Germán Martínez, que vén de protagonizar o entroido fisterrán, o que renuncia como voceiro local do BNG de Fisterra. Unha demisión que deixa ao BNG local preparando os vindeiros meses, xa cun ollo postos nas municipais de maio de 2015.
O grupo valora as dúas renuncias dos seus portavoces, en menos dun ano, sinalando que "ámbalas dúas persoas procedían dun ámbito cunha traxectoria ideolóxica próxima ao BNG, pero non ligada directamente a ela coma militantes".

Así, esta fin de semana BNG Fisterra celebrará unha asemblea para "fortalecer a súa estratexia de acción política local". Polo de pronto, o turno tocaríalle a Xan Carlos Sar Oliveira, "Kuka", agora responsable local, tomará o relevo pero ata a fin de semana non se fará público.

Co agradecemento de todo o grupo municipal cara Germán, a nova asemblea buscará "recuperar unha estratexia de traballo centrada na implicación dos seus militantes, para que a eles lle corresponda o peso absoluto na toma de decisións do BNG fisterrán, e a pretensión de asentar unha fórmula de traballo cun carácter puramente asembleario da organización, fortalecendo os seus mecanismos de consulta e participación a tódolos seus militantes, así coma activar procesos máis dinámicos que busquen a implicación da xente que colabora habitualmente co BNG e xerar unha corrente máis motivadora que permita a incorporación de novos militantes. De feito nos últimos meses as iniciativas promovidas dende o BNG de Fisterra veñen procedidas directamente do sentir asembleario dos seus militantes de base".

Resposta de Germán Martínez Traba

E ante as verbas do responsable local do BNG, Germán facía estas declaracións a través das redes sociais:
Bueno, xa que o responsable local do BNG decidiu emprender unha guerra contra a miña persoa, decidín coller o guante. Non tiña pensado deixar o BNG e decidín aludir a motivos personais para explicar a miña renuncia, pero dicir que eu son solo próximo ao BNG cando a miña implicación foi máxima é algo que non teño pensado aturar. Non paso por eso, porque eu paguei as miñas cotas de militante desde que entrei nesta organización, e quen me conoce sabe que sempre defenderei os valores que pon en valor o BNG. Eso si, hai certas persoas que non merecen o meu respeto. Desde que fun nomeado portavoz local os meus pasos foron vixíados con lupa. había quen parecía temer a un Xermán alcalde que cobrase cartos, porque certa xente non está preparada nin quere gobernar... está condenada a ser por sempre oposición. Esixían que presentará as notas de prensa e mesmo corrixían a redacción das mesmas... Na radio tamén se me explicaba o que tiña que dicir e era vixiado... En ningún momento confiaron nas miñas posibilidades e na miña persoa, pero si non o saben, xa o digo eu; SON MOI VÁLIDO e a xente da rúa veme próximo e cercano, ademais de confiar na miña honestidade. A partir de este momento, quedo desvinculado do BNG, xa lle espresei ao responsable local a miña renuncia a militancia, xa que se avergoñan tanto. Eu son do BNG de Goretti, de Ana Pontón, de Manuel Anxo Fernández Baz, de Ester Vazquez, etc... pero nunca serei dun BNG que ataca aos seus compañeiros solo porque decidiron non seguir soportando a guerra interna constante, Ata o de agora o meu respeto era máximo, pero xa está ben de ser o tonto útil.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios