O BNG culpa ao goberno municipal da multa urbanística en Mar de Fóra
Non pasou desapercibida para ninguén a multa urbanística de 400.000€ por unha vivenda ilegal Fisterra. E os primeiros en valorar a situación son os membros do BNG, que ten claro que "o goberno local é o protagonista principal no caso da ilegalidade das vivendas de Mar de Fora. A súa responsabilidade política é máxima neste asunto".
Para o grupo opositor "a falta de PXOM e a irresponsable xestión urbanística da alcaldía baseada no “ti vai facendo” págase agora con durísimas consecuencias".
Por este motivo, o BNG de Fisterra defenderá no próximo pleno unha nova moción sobre "a caótica situación urbanística da vila, fonte de fondas preocupacións no conxunto da poboación local. Unha vila que leva agardando eternamente, máis de 13 anos, por un Plan Xeral de Ordenación Urbana que non chega, e cun alcalde que abandonou durante anos o control e supervisión da correcta aplicación das normas supletorias. Houbo unha irresponsable e moi grave execución urbanística, con auténticas aberracións na planificación e ocupación do solo".
"Non houbo só relaxación e desleixo no cumprimento da normativa urbanística supletoria e provisional", critican, "moito peor, permitíronse, cun bo coñecemento de causa, moitas ilegalidades que podían derivar en graves expedientes de infracción".
Así, sinala o BNG que "de terse aprobado o PXOU, nun tempo prudencial, e asentado nun desenvolvemento e planificación técnica e negociado cos veciños, afastado das influencias e presións de especuladores da construción, Fisterra non estaría entre os concellos galegos que se atopan no punto de mira do caos urbanístico do país e no centro das sancións exemplares".
Novas relacionadas
Máis novas
- Un pleno urbanístico e Director en Fisterra.
- Fisterra e a casa sen vender.
- 11-04-12: Denuncian que a reclamación dunha promotora pode levar á ruína ao Concello de Fisterra.
- 13-12-11: Novas denuncias contra o Concello de Fisterra en materia urbanística.
- 13-12-11: Novas denuncias contra o Concello de Fisterra en materia urbanística.
- Fotodesfeita: A ladrillo vista en Sardiñeiro.
- Fotodesfeita: A ladrillo vista en Fisterra.
- 2008: Fotodesfeita: Casas invadindo a praia de Mar de Fóra.
- Feismo de vangarda.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).