O concello de Fisterra pide a intermediación da Xunta nos cortes de luz
07:07 25/11/15
Despois das molestias que causan entre a veciñanza de Fisterra os continuos cortes no abastecemento eléctrico, o concello - a través de Xan Calos Sar, como responsable de Protección Civil - remitiu unha reclamación á Consellería de Industria da Xunta de Galicia co fin de que ésta garanta un correcto suministro eléctrico.
Estes reiterados cortes de luz afectan a máis de 5000 veciños e veciñas da vila co conseguinte impacto negativo nos distintos comercios, establecementos hosteleiros, pequenas cetáreas, instalacións portuarias,... e obriga a activar continuamente os protocolos de emerxencia e protección civil, especialmente nos días de temporal.
"Dende o Concello apreciamos que a liña non está nas mellores condicións e sofre de problemas de mantemento e coidados, o que pode ser o motivo principal da aparición das avarías cada dous por tres. Ao mesmo tempo xa lle trasladou a Protección Civil de Fisterra que revise ocularmente o trazado dentro do territorio municipal para que informe sobre o seu estado", indica o tenente de alcalde de Fisterra e responsable de Protección Civil.
Nesta reclamación remitida á subdirección xeral de Enerxía, o concello de Fisterra solicita que se invistiguen os motivos dos cortes no abastecemento eléctrico, que a compañía eléctrica distribuidora e responsable da liña dea explicacións oportunas así como a solución de forma urxente do problema. Ademais, piden que se lle comunique ao concello as medidas adoitadas ó respecto.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Fisterra