venres. 18.04.2025
El tiempo

O IES Fin do Camiño non deixa de aprender a ser solidario

O IES Fin do Camiño non deixa de aprender a ser solidario
O IES Fin do Camino no Encontro de San Cugat 20 rapaces do IES Fin do Camiño no Encontro de San Cugat

Non paran de participar en eventos relacionados coa convivencia e solidariedade. 20 alumnos e alumnas do IES Fin do Camiño de Fisterra estiveron a semana pasada en San Cugat del Vallés, participando no II Encontro entre o alumnado sobre Aprendizaxe e Servizo solidario.

O centro fisterrán é ademais o centro coordinador deste programa, e os rapaces puideron disfrutar da experiencia. Ademais das visitas culturais á cidade de Barcelona, aprenderon a comunicarse mellor de xeito oral, musical e visualmente a través dos diferentes obradoiros nos que participaron xunto cos outros 4 centros participantes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios