![nadal-festa-fisterra-2010]()
Fisterra continúa co seu programa de Nadal, e esta semana a vila do Cristo estará cargada cargada de festa e animación navideña, como ben indica o
Programa de Nadal de Fisterra e tamén as
actividades a desenvolver en Sardiñeiro.
Este
venres 24 de decembro, no día de Noiteboa, a agrupación de xóvenes de Novas Xeracións de Fisterra, coa colaboración do Concello, animarán a partir das 18:30 horas as rúas de Fisterra cun desfile de panxoliñas e un Belén Viviente composto por moz@s e nen@s da vila.
A continuación Papá Noél fará a súa visita oficial na praza da Constitución onde os máis pequenos pedirán os seus agasallon máis anhelados nestes días. Iso si, no caso de chuvia suspenderáse a actividad.
Pero iso non é todo, o
domingo 26 a compañía Fantasía Animación, realizará a partir das 18:00 horas, a xa tradicional festa de Nadal, onde as familias pasarán unha tarde de bailes, xogos, animación musical, cantos, xogos deportivos... E Papá Noél estará tamén presente coa entrega de caramelos para todos os asistentes.
Ademáis na propia festa farase entrega do premio a mellor postal de Nadal gañadora do
XVII Concurso de Postais navideñas organizada polo Departamento de Cultura.
Novas relacionadas