O Pactómetro: Fisterra
O 15 de xuño teñen que estar constituídos os novos plenos de cara á nova lexislatura. 9 dos 18 Concellos costeiros vivirán unha prácida entrada con maiorías absolutas. Quedan pois pendentes dos posibles pactos, ou de gobernos en minoría os seguintes concellos: Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Fisterra, Malpica, Muros, Santa Comba e Vimianzo.
Xa vimos como está a cousa en Carnota, Corcubión, Malpica e Vimianzo. Hoxe toca irmos ata Fisterra:
Fisterra: Pacto cantado
Se ben estamos noutro contexto que o de 2015, onde a prioridade era quitar ao PP do poder, parece que PSOE e BNG poderán volver a entenderse e gobernar en coalición outros 4 anos.
Todo nun contexto onde o PP volve repetir como primeira forza, pero con menor marxe sobre o PSOE. Curioso ver que o PP subiu 2 votos e conseguiu un 5º concelleiro (o de Xan García que precisamente quedou fóra do pleno por 3-4 votos) mentres que PSOE e BNG subiron arredor dos 100 votos cada un e fican cos mesmos concelleiros de hai 4 anos, 4 e 2, suficientes para a maioría absoluta.
O actual alcalde, o socialista José Marcote, fai unha "valoración positiva" dos resultados, se ben "todos tiñamos máis pretensións porque hai subimos en votos, nun territorio complicado como Fisterra, pero non nos chegou ao 5º concelleiro". Entende que a "onda das Xerais ao mellor en capitais algo grandes pode ter un efecto máis grande, pero aquí creo que ten un efecto moi pequeniño, porque é un voto moi particular a persoas, a xente mira a labor da persoa".
Sobre a situación do posible vindeiro pacto de goberno parece telo clarísimo. "Por parte do PSOE non temos moito que falar porque entendemos que o traballo que levamos feito en conxunto durante estes 4 anos foi correspondido coa subida de votos dos dous grupos. A xente ve que esa coalición funciona e entendemos que o mandato do pueblo non é outro que seguir como estamos. Vémolo clarisimamente que é un proxecto a medio camiño que debemos continuar xuntos", sinala Marcote.
Dende o BNG, Kuka Sar lamenta non ter subido algo máis despois "de 4 anos a pé da veciñanza". Recoñece que tiveron erros sobre todo no rural, pois non fixemos cousas que son necesarias para conseguir ese apoio, peroaseguran que pedirán máis esixencias á espera do que poida ofrecer o PSOE para gobernar en coalición.
Todas as novas das Eleccións
- O Pactómetro: Vimianzo
- O Pactómetro: Malpica.
- O Pactómetro: Carnota.
- O Pactómetro: Corcubión.
- As maiores sorpresas das Eleccións Municipais 2019.
- Os resultados das #Eleccións Municipais2019 na Costa da Morte, Concello a Concello.
Artigos relacionados
- Louzán: O Día Despois.
- Marisol Soneira: A Costa da Morte tínguese de roxo.