Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O pleno de Fisterra aproba o POS e un préstamo ICO cos votos en contra do BNG

O pleno de Fisterra aproba o POS e un préstamo ICO cos votos en contra do BNG

O pasado luns celebrouse un pleno da Corporación municipal de Fisterra no que se aprobaba, ademais das polémicas obras do Plan de Obras e Servizos, a solicitude do préstamo "liña ICO". Un crédito con supostas vantaxes para estamentos públicos. A moción foi aprobada cos votos a favor do PP (6), as abstencións do PSOE (3) e os votos en contra do BNG (2).

Explica o BNG fisterrán o por que do seu voto contrario, pois considera que non ten información suficiente para valorar se é necesario. "O grupo de goberno leva máis de cinco meses sen informarnos de cal é a situación económica do concello e, nese senso, a día de hoxe seguimos sen saber cales son as empresas (provedores, acreedores, etc) ás que se lle adebeda diñeiro".
Nesa liña e unha vez que a relación de acreedores que figuran no informe son tan só Sogama e Fenosa (ás que o Concello lle debe 147.394,01€ e 180.166,27€ respoctivamente), o BNG considera "un escándalo que se pretenda pedir un crédito por importe de 139.424,80 € a un 6,5% de interese para pagarlle a estas sociedades e non se priorice antes o pagamento a pequenos proveedores, autónomos ou pequenas empresas da localidade".

POS aprobado

No segundo e último punto da Orde do Día, “Aprobación de proxectos no Plan de Obras e Servizos da Excma. Deputación da Coruña para o ano 2012”, saíron aprobadas as obras de pavimentación dos lugares de San Martiño de Arriba e de Vilar de Duio.

Iso si, o BNG solicita crear unha comisión informativa formada por representantes de todos os grupos da corporación e así consensuar as obras de cada exercicio.

Novas relaciondas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios