Os ADLs do país reivindican o seu papel na Costa en tempos de crise
Importante acto en Defensa do Desenvolvemento Local o que tivo lugar en Fisterra a pasada tarde de luns 18 de xuño de 2012. I é que a Costa da Morte é todo un referente a nivel nacional na materia, pois 11 dos 70 concellos máis comprometidos con este servizo pertencen á Costa.
Ademais, unha das entidades máis activas no sector ademais da Feprodel (Federación Española de Profesionales de Desarrollo Local), é a costeiraAfiprodel, Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local, que convocaba este acto.
Un acto para presentar a Declaración en Apoio aos Servizos de Emprego e Desenvolvemento Local en Galicia. I é que nestes tempos de crise, os recortes están afectando enorme aos Axentes de Emprego dos Concellos do país, e quen o paga, somos os de sempre. Un Servizo máis que necesario, que debería estar enmarcado nun completo Plan de Emprego a nivel estatal, pero parece que nin un nin o outro.
Declaración de Apoio
Os alcaldes de Zas, Fisterra, Corcubión ou Vimianzo escudaron a Dolores Pena, presidenta da Afiprodel, e Osvaldo Santos, vicepresidente. Ambos deron lectura á devandita "Declaración en Apoio aos Servizos de Emprego e Desenvolvemento Local en Galicia". Unha Declaración xa asinada e enviada á Xunta por 70 concellos do país, entre os que se atopan os de Malpica, Cabana, Laxe, Camariñas, Muxía, Fisterra, Cee, Corcubión, Vimianzo, Mazaricos, Carnota e Zas, dando conta da incidencia da zona na defensa deste servizo público.
A carta maniféstase en contra da "redución no orzamento do estado e da comunidade autónoma das partidas económicas destinadas ás políticas activas de emprego e concretamente no que atinxe aos Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local". Refrenda que a figura dos ADL "é un elemento fundamental no estímulo das políticas activas de emprego no ámbito local", e que "actualmente en Galicia existen máis de 300 profesionais do desenvolvemento local que están contribuíndo directamente á creación dun gran número de empresas e á inserción laboral de moitos traballadores e traballadoras".
Por tanto, reclaman unha "consolidación do programa de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local e demandamos un financiamento adecuado, como necesaria condición para a implantación das demais políticas activas de emprego no ámbito local".
Labor de "facilitador"
Segundo apunta a Afiprodel, a incidencia dos Servizos de Desenvolvemento Local na Costa da Morte está clara. "Unhas 400 empresas e outros tantos autónomos acoden anualmente a formular preguntas e asesorarse, chegando a atender unhas 100 peticións de axuda diarias nos 16 concellos da Costa da Morte", afirman dende a entidade.
Un a un
As intervencións no acto foron as seguintes:
- Dolores Pena, presidenta de Afiprodel. Falou da necesidade de manter estes servizos dentro dos presupostos públicos e do papel de facilitador ante o empresariado que desenvolve o profesional de desenvolvemento local.
- José Manuel Traba, alcalde de Fisterra, que defendiu con cariño e énfase a labor do profesional de desenvolvemento, e o grave problema que pode acarrear a desaparición desta figura. Fixo unha presentación da Declaración.
- Osvaldo Santos, vicepresidente de Afiprodel, encargouse de poñer sobre a mesa os números da actividade de desenvolvemento local.
- Francisco Fuentes, alcalde de Corcubión, recalcou que hai tarefas que desenvolven os ADL, que ningún outro posto de funcionario acomete.
- Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, destacou que na situación grave de paro resulta contraproducente que se recorte en Desenvolvemento Local.
- José Gabín, presidente de FECOM, entre outras cousas é unha das figuras máis importantes na administración pública para que se free a pérdida de poboación no rural.
- Manuel Muíño, presidente do GDR Costa da Morte, e alcalde de Zas, destacou o papel dos ADL para que este tipo de organismos e as axudas que xestionan cheguen á poboación.
Novas relacionadas
- Os ADLs da Costa da Morte tiran polo Desenvolvemento Local a nivel nacional en tempos de recortes.
- Conclusións activas para o Desenvolvemento Local.
- Afiprodel prepara un proxecto piloto de desenvolvemento local dende a Costa da Morte para Galicia.
- Os grupos culturais da zona poden inscribirse xa na Rede Cultural 2012 da Deputación.
- A AFIPRODEL cómese o país.
- 5 concellos perderán o Servizo de Orientación Laboral se non unen as súas forzas.
- O Consorcio de Turismo, a crise, a Lonxa Comarcal e os ADL centraron o II Foro Costa da Morte.
- Aulas Costa da Morte: Da universidade á periferia.
Fonte
- Nota de prensa de Afiprodel.