Os alumnos cybermentores de Fisterra educan en vídeo
Fans absolutos do que están a facer os rapaces do IES Fin do Camiño a través das redes sociais e no marco da asignatura Educación da cidadanía. Xa comprobamos o éxito do maratón de sangue, tamén os vimos facer de cybermentores, e sabemos que son vangarda en materia de convivencia postivia.
E precisamente por aí van os tiros da nova serie de vídeos que veñen de sacar os alumnos, falando de convivencia, pero tamén sen pelos na lingua sobre sexualidade e anticonceptivos; falando de seguridade en internet.
Interesantes tamén as propostas que fan sobre seguridade vial, aportando melloras para o trafico en Fisterra, con ideas como un paso de peóns recta da Anchoa, ou un carril para os peóns e para as bicicletas por Sardiñeiro para peregrinos e veciños.
Botade un ollo.
Sexualidade
Seguridade en internet
Convivencia na aula
https://youtu.be/d9zvqbEwEPg los alumnos do IES Fin do Camiño trabajando por una mejor convivencia en el aulaSeguridade vial
Ademais consejos de seguridad víal desde o IES Fin do Camiño @quepasanacosta @RadioNordes
Novas fisterrás
- Un Maratón de Sangue consegue un 50% máis de doazóns en Fisterra.
- O Instituto tamén aprende a ser solidario.
- Os alumnos cybermentores do IES Fin do Camiño promoven a doazón.
- O IES Fin do Camiño faise especialista en convivencia postivia:
- O IES Fin do Camiño recibe en Madrid un premio pola súa coa convivencia.
- Os alumnos de Fisterra, Cee e a Ponte do Porto reciben un 100% de desconto en conflitos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])