Os maiores de Fisterra non deben namorar polo Día das Letras Galegas

09:10 12/05/11

O Programa das Letras Galegas de Fisterra mesturará teatro e poesía. As citas comezarán este luns 16 de maio coa representación de clásico de Castelao, "Os vellos non deben namorarse", i é que o pasado domingo, co baile, saíron varias parellas de feito da Xuntanza de maiores e agora haberá que poñelas cousas no seu sitio... A sesión será ás 21:00h no Salón de Actos do Concello.
Para o propio martes 17, Día das Letras Galegas, realizarase un especial Lois Pereiro, "A Casa do poeta", cun recital poético-musical. Este comezará as 19:00h no Salón de Actos do Concello.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Fisterra.