Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os maiores de Fisterra xa se senten máis segur@s na rede

Os maiores de Fisterra xa se senten máis segur@s na rede
Os maiores de Fisterra mais seguros na rede

Moitas veces o medo impide que moita xente se atreva a lanzarse a mergullarse pola rede. Nada mellor que unha charliña para quitar eses prexuízos e tomar nota de onde pode un meter a cabeza.

No día de onte tivo lugar unha charla informativa impartida polo Garda Civil José Ramón Couto García (posto principal da Garda Civil de Carballo) cuxo principal obxectivo era dotar de información básica en canto a seguridade no día a día (na casa, na rúa, no banco, nas viaxes, en internet…)

Dita actividade, organizada pola Aula CeMIT de Fisterra e celebrada no local co mesmo nome, tivo unha grande acollida por parte dos maiores, chegando a reunir unha trintena de participantes, que seguiron con atención as recomendacións e consellos enumerados, entre o que se atopa o de actuar con calma, advertencia repetida en varias ocasións e en diferentes situacións que nos poden acontecer (un roubo, un intento de estafa, etc.)

Despois de algo máis de hora e media de charla, intercambio de experiencias e preguntas para aclarar dúbidas, os/as asistentes manifestaron a súa gratitude e satisfacción coa actividade, salientando a necesidade de levar a cabo máis dinámicas deste tipo e propoñendo que se volva realizar prontamente.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios