mércores. 14.05.2025
El tiempo

Os piratas prepáranse para a gran Festa do Longueirón de Fisterra

Os piratas prepáranse para a gran Festa do Longueirón de Fisterra
Festa do Longueiron de Fisterra 2014

Xa temos Programa para a XXIII Festa do Longueirón-Encontro pirata, unha das citas máis esperadas ao longo do ano por Fisterra. A cita será este sábado 2 de agosto e xa o “linkeirón” comezará a percorrer as bandexas dende as 13:00h. Desta volta, amenizará a festa a charanga “Mira quen vén por ai”.

Pero este ano, a festa gastronómica vén acompañada do 1º Encontro Pirata, e como non podía ser doutro xeito, será o pirata maior, Roberto Traba Velay, o pregoeiro. Lerá unha fermosa oda, que dará pé a unha representación teatral de ata 9 escenas. Como para perdela!!

Unha representación que recolle o traballo feito nos atrás, e lembramos por exemplo aquel divertido desembarco dos piratas das Crebas do 2010 en plena festa.

Os piratas das Crebas na Festa do Longueiron 2010

A degustación gastronómica cotinuará o domingo a partir das 13:00h, coas charangas Peta Forte e Vendaval amenizando, e o Dúo D’Festa poñendo a nota musical na verbena, xa ás 22:00h, ante de que un par de discos móbiles pechen a festaza.
Antes, pola tarde, haberá demostración de taekwondo e inchables e Festa da Espuma para os peques.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios