Os Rapacollóns xa son Peña e Asociación e preparan un Entroido de Verán para Fisterra
Non para de medrar a febre verde por Fisterra. Despois de participar activamente na queima do Polbo do Entroido, a afección da SD, Os Rapacollóns, veñen de fundar de xeito oficial a "Asociación Cultural e Deportiva Rapacollóns Big Band". O primeiro obxectivo será a artellar un Entroido de verán, que seguro que se convirte nunha cita imprescindible de aquí a pouco tempo. Outras vila como Corme xa disfruta dunha festa semellante, e a súa popularidade pon esperanzas a que fique como tradición na vila do Cristo. A cita xa está pensada para o 8 de xullo, así que vaia reservando a data.
Para elo xa están armando actos para recaudar cartos. O primeiro será Cea-Espectáculo no Hotel Restaurante Áncora o 8 de abril, coa actuación do artista do transformismo Cristian de Samil. Podes reservar xa mesa no 981 740 791.
Novas relacionadas
- O polbo Trump non safou da queima dos Rapacollóns.
- Os Rapacollóns, Mellor Afección da Costa.
- Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns:
- Os Trovadores Rapacollóns revolucionan Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).