O outono chega a Fisterra cun amplo programa cultural
07:49 28/10/22
Ademais das Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra, o Programa do Novembro Cultural de Fisterra chega con moitas outras actividades de teatro, cine, presentacións de libros e títeres.
O venres 4 de novembro arrinca o programa ás 19:00 no Salón de Actos do Concello coa programación “Nación” de Margarita Ledo.
O venres 11 chegan os Títeres Alakrán á mesma hora.
A cita do venres 18 de novembro será con Guadalupe Vázquez Formoso e o seu libro infantil “Voa, saltarín ata a fin da terra”.
O sábado 19 chega a obra de teatro Bernarda”, de Malasombra.
E xa a fin de semana do 26 e 27 será a dedicada á micoloxía co completo Programa das Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra