Venres. 29.03.2024
El tiempo

Piden ao Concello de Fisterra a aprobación do PEPRICH para evitar o deterioro do casco vello

Plaza Francisco Esmoris de Fisterra
A Asociación pide dotar de bancos a Praza Francisco Esmorís
Piden ao Concello de Fisterra a aprobación do PEPRICH para evitar o deterioro do casco vello

A Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra vén de alertar do abandono progresivo de casas abandonadas e en ruínas na zona urbana de Fisterra, “o que constitúe un grave deterioro da zona histórica e a desaparición de elementos identitarios e etnográficos da arquitectura tradicional como pobo mariñeiro”. Para Jose Fernando Carrilo esta perda do “gran patrimonio cultural e etnográfico” é un drama que hai que solventar.

”Que estes edificios abandonados e en estado ruinoso estanse convertendo nun verdadeiro perigo, debido á caída de elementos á vía pública e, incluso, ao seu colapso, razón pola que hai que ctuar para evitar o dano para os veciños e visitantes, para o que é necesario proceder á sinalización, o valado e, no seu caso, instar á realización das obras de rehabilitación”, solicita.

E vai máis alá a Asociación, solicitando a urxente aprobación do Plan de Protección do Centro Histórico de Fisterra é urxente, para que os propietarios dos inmobles situados nesta zona poidan beneficiarse das axudas e créditos subvencionados para a rehabilitación de propiedades que a Administración autonómica concede para a conservación do centros históricos, como no caso do Concello de Corcubión. Hai que ter en conta que este Plan - PEPRICH - comezou en 1995 e que leva moitos anos atraso.

Plaza Francisco Esmorís

O presidente da entidade pide tamén a ditación de bancos na Plaza Francisco Esmorís, para permitir que as persoas maiores poidan disfrutar do espazo urbano.

Novas relacionadas

Comentarios