Venres. 26.04.2024
El tiempo

Piden a transferencia do Faro Fisterra ao Concello

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O Faro de Fisterra, eternamente pechado
Piden a transferencia do Faro Fisterra ao Concello

Que o Faro Fisterra estea eternamente pechado, dá mostra da falta de interese de Portos de Galicia en dinamizar turisticamente a fin da terra. Un elemento que sería un atractivo espectacular e debería “converterse no motor da promoción da oferta turística de toda esta comarca, tal e como se expón na proposta de Proxecto de Explotación, que o Concello de Fisterra presentou, no proceso de negociación para a transferencia das instalacións antes citadas.

Porque o Concello vén reclamando a transferencia das instalacións inutilizadas dende hai tempo. O baixo, a primeira planta e a caseta- almacén dos compresores para o funcionamento das bucinas (sinais acústicos nos días de néboa) están na actualidade en desuso, se ben houbo algunha época na que serviu de punto de información.

Por todo isto, a Asociación de Veciños Costa da Morte solicita que a Autoridade Portuaria realice, con urxencia, a transferencia das aulas en desuso ao Concello, para que este as poida aproveitar cultural e turísticamente.

Dende a Asociación consideran crucial este feito, e pide que sexa efectiva canto antes, para pode traballar “nos primeiros meses do 2022, con motivo da prolongación do Xacobeo e antes do inicio da tempada turística, xa, que, desgraciadamente, perdeuse unha oportunidade de ouro no 2021”.

Comentarios