Domingo. 05.05.2024
El tiempo

As Plataformas Vendaval e En Defensa da Ruña berran polo territorio no fin da terra

Plataforma Vendabal na fin da terra
As Plataformas Vendaval e En Defensa da Ruña berran polo territorio no fin da terra

A Plataforma Vendaval e a Plataforma en Defensa da Ruña uniron as súas loitas cunha concentración no Cabo Fisterra.

Se a Vendabal continúa co seu calendario de mobilizacións en contra dos megaproxectos eólicos, a plataforma curmá volveu protestar pola estación de bombeo reversible no monte da Ruña, en Mazaricos. Faino coincidindo coa venda de XEAL, dando conta da intención da nova propietaria de continuar co proxecto.

Ambas entidades  elixiron a fin da terra "pola importancia do mar neste concello e denunciar así que, ademais do espolio dos nosos montes, está tamén detrás o espolio nos nosos mares poñendo en verdadeiro perigo moitos sectores económicos reais". Fanno en relación aos polémicos parques eólicos mariños, criticando "esas promesas que soan a predicadores de futuros incertos coa que nos venden unha relación da enerxia eólica co desenvolvemento industrial da bisbarra cando vemos cos nosos ollos como se está pechando e desmantelando a xa escasa industria que temos arredor".

Plataforma Vendabal na fin da terra 2

Comentarios