Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Salvadoras e salvados con Salvacadelos

Salvadoras e salvados con Salvacadelos

Hoxe traemos dúas curiosas historias en Salvacadelos. A primeira está protagonizada por este canciño simpático e un mozo alemán. O peregrino atopouno perdido pola Praia Langosteira pero ten colar, polo que se cadra aínda ten familia. Así e todo, se en 10 días non aparece o dono, el vai levalo de volta, a pé, para a súa casa no medio de Europa.

Unha nova Salvadora

Esta é unha das clientas da Clínica Veterinaria Argos e Salvadoras de Salvacadelos. Chámase Lisa. É inglesa e agora vive co seu marido na Costa da Morte. Os seus cans son Molly e Mutley, os dous adoptados. Mutley foi a través da Clínica ceense. A familia de catro patas complétase con 3 gatos :).

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

Comentarios