venres. 07.02.2025
El tiempo

A Plataforma Xuntos polo Centro de Día de Corcubión comeza unha campaña para conseguir apoios institucionais

Reunion Plataforma Centro de Dia de Corcubion co Concello
A Plataforma Xuntos polo Centro de Día de Corcubión comeza unha campaña para conseguir apoios institucionais

Esta mañá de luns 13 de xaneiro, membros da Plataforma Xuntos polo Centro de Día de Corcubión mantiveron unha reunión co alcalde e concelleiros do equipo de Goberno. Trasladáronlle de que o obxectivo é levar esta reivindicación a Xunta de Galicia, a Valedora do Pobo e, de ser necesario, tamén á Unión Europea. "Consideramos que a atención ás persoas maiores debe ser unha prioridade e que non se pode permitir que unha instalación xa preparada para tal fin permaneza inutilizada por razóns alleas ao benestar da cidadanía", explican dende o colectivo veciñal.

Como primeiro paso nesta loita, comezaron xa unha campaña para sumar apoios institucionais, pedíndolles aos alcaldes dos municipios de Corcubión, Fisterra, Cee, Dumbría, Carnota, Muros e Muxía que asinen o "Manifesto en apoio á apertura do Centro de Día de Corcubión". Este manifesto busca unir vontades e deixar constancia da importancia de contar cunha atención digna e adecuada para as persoas maiores da comarca, que merecen todos os coidados e servizos necesarios para mellorar a súa calidade de vida. 

"Non imos parar ata que o Centro de Día de Corcubión estea operativo e poña fin a esta década de abandono e desidia. A nosa forza reside na unión e no apoio colectivo de todas e todos os veciños da comarca", avisan.

Máis novas

Histórico do Centro de Día

Comentarios