Venres. 26.04.2024
El tiempo

Sardiñeiro, Quilómetro Cero

Sardineiro noQuilomentro Cero de Manuel Sendon
Algunhas das imaxes do confinamento de Manuel Sendón en Sardiñeiro presentes na exposición colectiva do Kiosco Alfonso
Sardiñeiro, Quilómetro Cero

Está aberta ata o 17 de maio no Kiosco Alfonso unha exposición colectiva comisariada por Ánxela Caramés y Leticia Brandomil sobre a pandemia, que ten parte da Costa da Morte. Ademais de artistas como Raúl Álvarez, Carlos Barros, Susana Loureda, Jorge Couceiro, Félix Fernández, Iria do Castelo, María Marticorena, ou Daniel Remeseiro, temos nomes propios da nosa comarca, ou máis ben, fill@s adoptiv@s da mesma, como son Manuel Sendón e Olaia Sendón.

Olaia aporta un políptico de noventa e tantas imaxes con audio moi experimental.

Pola súa parte, o pai leva as 28 imaxes, captadas co seu móbil, durante o confinamento, que pasou en Sardiñeiro. O fotógrafo vigués, que xa contaba que “o seu punto de referncia é a ría de Corcubión”, decidiu pasar o confinamento na súa terra de adopción, e captou a experiencia na súa mostra chamada “Quilómetro Cero. “moi diferente pasar o confinamento en Sardiñeiro a telo que pasar na cidade”, recoñece.

Novas relacionadas

Comentarios