Todo en marcha para o desfile de comparsas do Entroido de Fisterra
Non haberá concurso, pero si desfile. O Programa do Entroido máis tradicional da Costa da Morte ten no sábado 26 de febreiro a súa gran cita. O desfile sairá da Cruz de Baixar e chegará ata a Praza da Constitución de Fisterra, culminando co Pregón do Entroido 2022 a cargo de Roberto Traba Velay e Cía.
No caso de mal tempo realizarase o domingo 27 á mesma.
Así, a Concellería de Cultura ten aberto xa o prazo de inscrición para as Comparsas ata o 21 de febreiro, ás cales lles dará unha axuda de entre 300 e 500€ en función do número de persoas. A día de hoxe xa hai varias inscritas, e contan con que estean as 3 dos últimos anos, coa novidade de que este 2022 vai haber varias comparsas escolares, de familias enteiras que queren participar no entroido fisterrán.
Xa saben as inscricións na Concellería de Cultura do Concello de Fisterra ou no correo [email protected].
Concurso de Disfraces
Ademais, o Concello convoca tamén o Concurso de Disfraces Infantil e Adulto. Como novidade este ano realizarase o concurso o martes día 1 de marzo, ás 17:00 horas, no porto de Fisterra e está destinado para persoas de todas as idades, dende os máis pequenos e pequenas aos maiores.
Poden inscribirse antes do 24 en [email protected] ou na Concellería de Cultura, de luns a venres, en horario de mañá. Tamén podes facer a túa inscrición o mesmo día, entre as 16:30 e 17:00 horas.