Sábado. 26.09.2020
El tiempo

Turismo Fisterra recoñeceu a labor dos que engrandeceron a fin da terra a través do patrimonio inmaterial

Fernando Alonso Romero, Benjamín Trillo e Cesáreo Pardal foron recoñecidos pola Asociación Turismo Fisterra
Fernando Alonso Romero, Benjamín Trillo e Cesáreo Pardal foron recoñecidos pola Asociación Turismo Fisterra
Turismo Fisterra recoñeceu a labor dos que engrandeceron a fin da terra a través do patrimonio inmaterial

Este pasado sábado 18 de xaneiro tivo lugar no Hotel Cabo Finisterre a celebración das II Xornadas Turismo Fisterra. A organizadora Asociación Turismo Fisterra fica moi satisfeita pola presencia de público, tanto nas charlas da tarde, como na cea-gala da noite, na que se recoñeceron á xente que puxo os fundamentos historicos ao Camiño a través da posta en valor da símboloxia, as lendas e mitos da fin da terra.

O ano pasado foron galardoados Antón Pombo, José Antonio de la Riera, Rafael Sanchez (do Xacobeo e Turismo de Galicia; e o divulgador científico, Jorge Mira. Este ano tocoulles a Fernando Alonso Romero (Catedrático de Historia USC e escritor do Camiño); o escritor Benjamín Trillo, autor entre outros dun libro tan importante como “Da pegada de Santiago en Fisterra”; e Cesáreo Pardal, que recibiu o detalle máis institucional como presidente dun Cluster de Turismo de Galicia que cada día, e en boa parte gracias ao labor de varios empresarios da comarca, mira máis cara a Costa.

Benjamin Trillo Cesareo Pardal e Fernando Alonso Romero reconecidos en Fisterra
Benjamín Trillo co presidente de Turismo Fisterra, Xoan Marcos Traba; Cesáreo Pardal con Jesús Picallo; e Boullosa con Fernando Alonso Romero

Os galardóns entregáronse na cea, pero antes, pola tarde, houbo dúas charlas moi interesantes, tamén con preto das 70 persoas. Abriu a sesión precisamente Fernando Alonso Romero, que falou da simboloxía da fin da terra, e baseándose en diferentes mapas foi debullando a importancia dende fai séculos do Cabo Fisterra, e atopando paralelismos cos Finisterraes Bretón e británico.

Benjamín Trillo falou en clave de memorias, repasando a historia do Centulo (que non Centolo). Trillo considera que o Centulo como un demo (semellante ao que hai en Arousa) que ten unha vinculación co Monte da Nave, onde quería levar as almas que non ían cara o ceo.

Novas relacionadas

comentarios