Un novo pantalán para profesionais en Fisterra


Portos de Galicia iniciará nos próximos días a instalación dun novo pantalán para as embarcacións da terceira lista, as profesionais, no porto de Fisterra.
As instalacións portuarias de Fisterra contan cun grande número de embarcacións, que agora mesmo están fondeadas na zona de abrigo do porto. Para reordenar este espazo e optimizar as súas dimensións, Portos de Galicia acometerá nos próximos días a instalación dun pantalán aboiante de nova fabricación.
O novo pantalán contará con tres módulos flotantes, sobre pilotes de aceiro, e doce fingers, brazos de amarre, para un atraque ordenado en condicións de seguridade. Deste xeito posibilitarase a habilitación de máis dunha veintena de prazas. Esta actuación, dará maior aproveitamento á lámina de auga nun porto no que existe unha alta demanda.
O organismo autonómico que preside José Manuel Álvarez-Campana investirá preto de 60.000 euros nesta actuación, que permitirá reordenar a lámina de auga.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa de Portos de Galicia.