Un verán moi tecnolóxico en Fisterra

07:25 15/06/18

Outros cursos na Aula CeMIT
Paralelamente a Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Fisterra vén de rematar varias actividades no que vai de mes, como os obraoiros de crear a túa tenda virtual, de comercio electrónico ou de contratación de viaxes A partir da vindeira semana terán lugar as seguintes actividades: • Do 18 ao 21 de xuño: curso “Iniciación ao deseño gráfico con Inkscape”. De 10:00 a 12:00 horas. • Do 25 ao 28 de xuño: curso “Introdución a maquetación con HTML e CSS”. De 10:00 a 12:00 horas. • Martes, 19 de xuño: charla de comercio electrónico “Campañas e promocións”. De 16:00 a 18:00 horas. Imprescindible reservar praza. A actividade cancelarase de non reunir un mínimo de 3 persoas. • Martes, 26 de xuño: charla de comercio electrónico “Plataformas e tendas”. De 16:00 a 18:00 horas. Imprescindible reservar praza. A actividade cancelarase de non reunir un mínimo de 3 persoas. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Fisterra, Rúa Cerca, n.º 7, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 673 081 740, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.fisterra@xunta.galFonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).