Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha viaxe dende o Semáforo polos 10 lugares máis fotoxénicos de Fisterra

Unha viaxe dende o Semáforo polos 10 lugares máis fotoxénicos de Fisterra
RUTAS FOTOGRAFICAS Fisterra

Cales son os 10 mellores lugares para fotografar Fisterra? Seguro que moitos xa tendes claro uns cantos, pero dende o Semáforo propoñen unhas cantas ideas. Este xoves 27 de setembro preséntase no Hotel O Semáforo ás 11:30h a primeira guía turística pensada para viaxeiros apaixoados da fotografía..

”Ruta Fotográfica: Fisterra” colle ese legado da chegada da fotografía dixital e a expansión dos practicantes da arte fotográfica, e quere servir para que ese boca a boca, foto a foto, sirva cada mellor a promocionar os fermosos lugares do noso país.

Captar coa mellor calidade e dende as mellores perspectivas o gran valor etnográfico e natural de lugares como Fisterra, convírtese en desafío para os milleiros de visitantes que chegan á nosa fin da terra cunha cámara ou un teléfono, tanto de nivel avanzado como de nivel usuario, co fin de amosarllo ás súas persoas queridas e fardar nas redes sociais.

E para iso, pasa sacarlle o mellor rendemento fotográfico, o Consorcio formado por Turismo de Faros, NCC Galicia e Pqliar consulting, da man de Wireless Galicia e Luzlux, creou a “Ruta fotográfica de Fisterra, un “mapa de grandes posibilidades que serve ao viaxeiro como apoio para sacar o máximo partido do seu pasión, tanto para chegar aos lugares fotográficamente más interesantes, como para aprender en cada un deles, e desta forma levarse a casa a mellor postal dun lugar único”.

A esta Actividade únese un servizo de aluguer por parte do Hotel de cámaras de última xeración para que resulte más sinxelo captar a beleza destes lugares e portátiles para poder acceder ás redes nas que compartir esas magníficas instantáneas.

A ruta Fotográfica de Fisterra conta con 10 localizacións, escollidas de forma precisa por fotógrafos profesionais de diferentes chécnicas, con información do lugar así como con nocións de técnica fotográfica e recomendacións útiles para sacar proveito a cada espazo. Todas estas localizacións están situadas nunha aplicación a través da cal podemos navegar sobre o mapa, que nos levasé a cada un dos puntos

A presentación será a cargo de Fernando Rey Daluz, Fotógrafo profesional, e Jesu?s Picallo, Propietario do Hotel Semáforo de Fisterra que nos explicará a importancia da contorna de Fisterra e a maxia do Hotel neste emblemático lugar. A continuación Fernando Rey fará unha guía para coñecer in situ os lugares.

Comentarios